Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación ofrece máis de 800 prazas gratuítas para participar en 30 novas actividades lúdicas medioambientais

programacion-medioambiental-outonoA Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao Presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA) e Doutor en Veterinaria, Pablo Piñeira, presentou este martes no Centro de Interpretación Terras do Miño a nova programación de actividades medioambientais coa que máis de 800 persoas poderán participar de balde en xornadas de observación de flora e fauna, roteiros polo Courel, estudo de micoloxía ou conferencias, entre outras actividades.

O prazo de inscrición xa está aberto na web www.deputacionlugo.gal, na que se atopa máis información sobre as actividades gratuítas da área de medio ambiente.

A Deputada salientou que as actividades que se ofrecen dende a institución provincial “axudan a difundir a riqueza natural e buscan crear conciencia sobre a importancia que ten o medio ambiente como un dos motores de crecemento da provincia”. No acto, Sonsoles López Izquierdo explicou máis polo miúdo as actividades e obradoiros programados nos Centros de Interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, pensados para todos os públicos.

Actividades variadas para todas as idades
A Deputación ofrece con esta nova programación máis de 800 prazas gratuítas para participar en máis de 30 actividades lúdicas medioambientais. Entre elas destacan algunhas como as xornadas de construción de casas niño; de observación de flora ou estudo de réptiles e de aves. Do mesmo xeito, haberá actividades para os máis pequenos como os obradoiros que se celebrarán na época do Nadal, ou unha orixinal xornada lúdica inspirada na elaboración de pocións e brebaxes celtas.

Esta nova programación arranca este xoves, 9 de outubro, coa conferencia Identificación e control da invasión en Galicia da vespa velutina que se celebrará no Salon de Actos do pazo provincial ás 19:30 horas, a cargo de Pablo Piñeira.

Na conferencia abordaranse aspectos como os perigos desta especie invasora e que pautas se poden seguir para frear a súa expansión.O prazo de inscrición para todas estas as actividades gratuítas da Área de Medio Ambiente xa está aberto en www.deputacionlugo.gal, na que se atopará toda a información sobre a nova programación.

Exit mobile version