Site icon Crónica3.com A Mariña

A FAPACEL apoia á ANPA do IES Vilar Ponte

A Federación Provincial de ANPAS (FAPACEL) denuncia o feito de que a Consellería de Educación non sexa capaz de solventar un problema como o do IES VILAR PONTE e teña que enviar a nais a Policía denunciadas por estar nun centro do que forman parte como comunidade educativa.

Esta é una proba mais de que esta Consellería o único que quere e levar os centros como si fosen centros da súa propiedade e non podemos olvidar que nos centros deben participar nais/pais e profesorado que as direccións dos centros non son donos de nada, centros onde ninguén pode entrar nin pode reivindicar o que se considera mellor para conseguir un ensino de calidade que era o que se tiña neste centro.

A actitude da Consellería esta moi lonxe de ser dialogante que foi o que nos dixo a Xefa Territorial nunha reunión celebrada con esta Federación a semana pasada, mais ben todo o o contrario “eu mando e ordeno”

A situación das nais/pais do IES VILAR PONTE so e unha reclamación de calidade do ensino, as nais/pais non somos delicuentes tal e como os esta a tratar esta consellería coas denuncias postas o pasado venres. Com estas denuncias so queren que se cale e non o van conseguir a súa actitude desafiante o único que se consegue e ter mais forza e loitar com mais ganas polo benestar de uns alunos que non o podemos olvidar están sen clases normais dende que comezou o curso escolar, xa que a Consellería non é capaz de elaborar uns horarios o suprimir profesorado.

O noso apoio a ANPA do IES VILAR PONTE e a loita polo ensino de calidade debe continuar.

Exit mobile version