Site icon Crónica3.com A Mariña

A licitación das obras para a reconstrucción do faro: “un paso máis para Burela”

arquivo-faroBurela, 30 de outubro de 2014. Este xoves licitáronse as obras de reconstrución do faro de Burela. Os traballos suporán un investimento de 400.000 euros e o prazo de execución será de 4 meses. As empresas interesadas teñen dez días hábiles para presentar as súas ofertas diante da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

O alcalde, José Mª González Barcia, subliña que “con esta licitación dáse un paso imprescindible para a reconstrución do faro de Burela” e agradece “á ministra de Fomento e ao presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao o enorme esforzo económico realizado para que Burela volva contar cun dos seus emblemas. O faro é un dos símbolos que aparecen tanto no escudo coma na bandeira deste concello”.
Para o rexedor “os compromisos estanse a cumprir e iso quere dicir que as xestións realizadas están a dar os seus froitos”.

González Barcia lembrou que “xa cando se presentou o proxecto fíxose fincapé en que as condicións do mar serán determinantes para levar a cabo esta obra, que estará rematada o vindeiro verán”.

Exit mobile version