Site icon Crónica3.com A Mariña

Cortada ó tráfico a rúa Nicolás Cora de Viveiro durante 2 semanas

A partir do vindeiro luns, 3 de novembro de 2014, cortarase a circulación de vehículos na rúa Nicolás Cora, permitíndose unicamente o paso a residentes con acceso a prazas de garaxes sitas nesa rúa e o paso do bus escolar. O corte de tráfico nesa rúa manterase durante un prazo estimado de 16 días, durante os cales a empresa Gas Galicia realizará as obras de canalización. Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se podan ocasionar.

Exit mobile version