Site icon Crónica3.com A Mariña

A pola cuarta consecutiva

O Burela FS Pescados Rubén pelexará este sábado en Vista Alegre pola súa cuarta vitoria consecutiva na xornada 7 de Primeira División RFEF fronte ao FSF Rioja a partir das 16.00 horas. “Foi unha semana rara; descansamos moito máis do debido ás circunstancias pero xa estamos preparados para o partido” puntualizaba Quico Otero, tras iniciar a semana con case todo o vestiario afectado por un virus.

Desde a quinta praza (12 puntos), o cadro laranxa recibirá o oitavo clasificado (10 puntos) co regreso da burelá Silvia Rubal á súa casa. “É un equipo que traballa ordenamente e con intensidade para incomodar o rival. Cos conxuntos da zona media e baixa ofrecen unha presión efectiva; no entanto, cos de arriba traballan nos 15 metros con moitísima orde e sentido da colaboración defensiva” explicaba o técnico mariñán o máximo perigo das rioxanas, satisfeito coa evolución das burelistas: “Imos collendo a liña a seguir, pero sempre tendo en conta que calquera rival nos pode facer dano porque este ano estamos atopando sempre equipos máis defensivos”.

Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.

Exit mobile version