Site icon Crónica3.com A Mariña

A segunda edición do Ciclo de Teatro de Outono nas Parroquias comeza este sábado en Foz

Foz, 08 de outubro de 2014. A Delegación de Cultura do Concello de Foz pon en marcha a segunda edición do ciclo de teatro de outono nas parroquias. Comeza este sábado, 11 de outubro, ás 20 horas no centro social A Saira, de Nois, cunha representación a cargo da compañía Pico do Castro, recentemente creada na vila focense. No ciclo, que se desenvolverá ata decembro, tamén participan os grupos A Adala, de Fazouro; Axóuxeres, de Vilaronte; e O Batán, de Cangas.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que este programa “é unha iniciativa pensada para encher de vida os nosos locais sociais e ofrecer oportunidades de ocio nas zonas rurais coa finalidade de que todos os veciños teñan a posibilidade de gozar das artes escénicas neste outono sen ter que desprazarse lonxe”.

Exit mobile version