Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección española abrirá 2015 medíndose a Ucraína en Burela

seleccion-burelaA Selección Española de Fútbol Sala volverá visitar a costa luguesa e Vista Alegre para abrir 2015, o 5 de xaneiro, medíndose ao combinado de Ucraína, quinto clasificado no ránking UEFA.

A localidade mariñá será un dos dous destinos que a Vermella terá en Galicia na apertura do ano; o segundo será Ferrol, o día 6 co festexo dos Reis Magos. As devanditas citas, enmarcadas na preparación para o Preeuropeo 2016 baixo a organización da Real Federación Española de Fútbol e a Federación Galega de Fútbol, contarán coa colaboración dos clubs CD Burela FS Pescados Rubén e O Parrulo-Ferrol, ademais dos seus respectivos concellos.

Exit mobile version