Site icon Crónica3.com A Mariña

A unidade residencial A Mariña cumpre un ano e presenta a revista Agarimo 2014

O 9 de outubro é un día especial para a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña; xa que se cumpre un ano da apertura da Unidade Residencial situada en Cervo.

E, para celebrar tan entrañable día, organizouse un pequeno acto na propia Unidade Residencial a partir das 18.00 horas onde se aproveitará para presentar a revista Agarimo deste ano: unha revista feita con ilusión polos propios usuarios da asociación e que pretende mostrar parte do traballo da entidade do último ano.

O acto será inaugurado polo vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga; o alcalde de Cervo, Alfonso Vilalres e a presidenta da asociación A Mariña, Iris Castro.

Seguidamente o grupo de teatro “A Adala”, de Fazouro, ofrecerá unha actuación, preparada para a ocasión, onde a maxia e o teatro irán da man.
Cuns aperitivos rematará a celebración dun día “diferente e único” que abre as portas dos actos do Día Mundial da Saúde Mental.

Exit mobile version