Site icon Crónica3.com A Mariña

A ximnasia rítmica nacional chega a Burela

Venres 10 de outubro. O pavillón Vista Alegre de Burela acollerá este domingo, 12 de outubro, o I Torneo de Conxuntos Nacionais de Ximnasia Rítmica a partir das 11.00 horas, coa escola mariñá Porta Norte como anfitrioa e a participación de todos os conxuntos de nivel Nacional Base e Absoluto da provincia de Lugo, ademais do club Recta Final de Asturias, que acudirá como convidado.

A cita, que reunirá máis de 50 ximnastas dun dos máximos niveis de competición nacional, servirá de xornada previa de control dos conxuntos unha semana antes do Campionato Galego de Base que se celebrará en Ourense, como clasificatorio para o Campionato de España de Base (Castellón, 20-23 de novembro).

Porta Norte presenta este ano tres grupos, un conxunto alevín e dous cadetes, que levan dende agosto preparándose para lograr a clasificación ao Campionato de España.

Exit mobile version