Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta aproba o escudo e a bandeira do Concello de Lourenzá

escudo-bandeira-lourenzaO Consello da Xunta deu este venres o visto e prace aos decretos polos cales se establece a conformación oficial dos escudos e as bandeiras dos concellos de Begonte e Lourenzá, ambos na provincia de Lugo.

O escudo do Concello de Lourenzá é de sinople (verde), cun báculo con veo abacial -todo ao natural-, resaltado de dúas espigas de ouro dispostas en haspa e flanqueado no xefe por dúas veneras de prata. Como no caso anterior, o escudo presenta unha coroa real pechada ao timbre. A bandeira tamén é en pano verde, co báculo e veo abacial resaltados por dúas espigas amarelas dispostas en haspa e flanqueado no alto por dúas vieiras brancas. Ao batente, terzado de amarelo.

Exit mobile version