Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galicia aproba definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Mondoñedo

Santiago, 6 de outubro de 2014.- A secretaria xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, comunicou este luns ao alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González, a aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo de núcleo rural histórico-tradicional do Arco, na parroquia de San Andrés de Masma, nesta mesma localidade lucense.

O proxecto recoñece o viario público existente e determina os terreos edificables do asentamento, regulando as súas condicións de uso e edificación. Así mesmo, incorpora un catálogo, no que se inclúen as construcións singulares e unha regulamentación específica das áreas excluídas de edificación por risco de inundación, en cumprimento da lexislación sectorial de augas.

O interese público do cambio xustifícase na necesidade de adaptación ás novas determinacións urbanísticas do ámbito afectado, debido á non correspondencia da clase “núcleo urbano exterior” das Normas Subsidiarias municipais de Mondoñedo de 1978 con ningún dos tipos ou categorías definidas pola lexislación vixente urbanística.

Tramitación
No ano 2013, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo comunica ao Concello que debe tramitarse de acordo coa Disposición Adicional 2ª.2 da LOUG, por elo, en xullo dese mesmo ano, sométese a información pública e non se recibiron ningún tipo de alegacións.

En maio de este mesmo ano, o Pleno do Concello aproba, provisionalmente, o proxecto, posto que conta cos informes sectoriais favorables de Infraestruturas Agrarias; Axencia Galega de Infraestruturas; Estradas da Deputación de Lugo; Conservación da Natureza; Augas de Galicia e Dirección Xeral Patrimonio Cultural.

Por último, no pasado mes de setembro, remítese á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o documento, dando como resultado a aprobación definitiva no día de hoxe.

Exit mobile version