Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pon en marcha a comisión xestora da Cámara de Comercio de Lugo co obxectivo de convocar eleccións

Lugo, 22 de outubro de 2014.- A Comisión Xestora da Cámara de Comercio de Lugo, cuxa principal tarefa é a convocatoria de eleccións, celebrou hoxe a súa sesión constitutiva. Nesta primeira reunión o organismo quedou constituído por 9 membros en representación da Administración autonómica, xa que o Consello Galego de Cámaras non designou os seus dous representantes.

A Comisión Xestora está a traballar xa co obxectivo de devolver o goberno á institución, para o que será imprescindible o compromiso do empresariado lugués. Neste sentido, co proxecto de Lei de Medidas fiscais e Administrativas que se está a tramitar no Parlamento a Xunta senta as bases para un novo modelo de cámaras, abrindo as vías á vontade empresarial.

Ademais, a Xunta ten en marcha un proceso xunto coas Cámaras de Comercio para a elaboración dunha nova Lei de Cámaras Galega, que suporá dar un paso máis cara ao fortalecemento destes organismos a través do autofinanzamento dos mesmos.

Exit mobile version