Site icon Crónica3.com A Mariña

ACD Xove de ruta polo Bosque de Moal

moalO Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza para o vindeiro domingo 12 de outubro unha Ruta de Sendeirismo polo Bosque de Moal, concretamente van facer a Ruta PR.AS-132, denominada Ruta Bosque de Moal, no Concello de Cangas del Narcea (Asturias). A ruta con saída no pobo de Moal ás 07.00 horas, percorre parte do Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias, así coma a Reserva da Biosfera de Muniellos chegando a un total de 10 km de dificultade media. Muniellos está considerado coma o maior bosque de hayas de España e un dos mellores bosques conservados de toda Europa. A entrada na Reserva Natural Integral de Muniellos, está totalmente restrinxida, por ser unha xoia botánica e faunística. De todas formas, o grupo visitará o Centro de Interpretación de Reserva Natural, así coma a localidade de Cangas del Narcea, despois da ruta dunha duración aproximada de catro horas e media. A organización recomenda levar bocadillo. Os prezos de inscrición oscilan entre os 12 euros dos socios colaboradores e os 17 dos non socios non federados. Os menores de 18 anos viaxarán gratis. O prazo da inscrición remata o xoves 9 de outubro.

Exit mobile version