Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz – CCA premiará ós seus clientes con 6.000 euros durante os meses de novembro e decembro

pres-fozccaFoz, 31 de outubro de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e o seu Centro Comercial Aberto poñen en marcha en novembro unha nova edición do Campañazo, que tan boa acollida está a ter desde o seu inicio hai anos. En total nos sorteos que terán lugar os venres 7, 14, 21 e 28 porán en xogo 2.400 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao longo das vindeiras semanas.

Desde a directiva de Acia Foz lembran que “os interesados en participar nesta iniciativa poderán obter os seus cartóns nos 45 comercios e 25 locais hostaleiros participantes no Campañazo. Posteriormente, os venres ás 23 horas os donos dos cartóns poderán seguir o sorteo a través de Radio Foz dende os 25 bares e restaurantes que se dan cita nesta campaña. Os gañadores deberán chamar á emisora, dende o propio bar no que se atopen nese momento, para identificarse cando toque o Campañazo. En total haberá cada venres 300 euros en vales de compra para os primeiros que canten o bingo, e outros 300 euros para o resto de cartóns premiados”.

Os establecementos comerciais participantes no Campañazo dos venres son: Darlintonia, Calzados Pirde, Centro Dietético Alba Vila, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Mapfre, Centro Óptico Eliseo, Parafarmacia Foz, Joyería Iria Rodríguez, La Flor Abulense, Pi-R Moda Hombre, Pastelería Bombonería Amarena, 5 Lobiños Moda Infantil, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, María do Campo, Cenor Belianorte, Librería Bahía, Casa Moreda, Don Zapato, Estanco Nº2 (C/ García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Floristería La Gardenia, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Catorce Cero Catro Shop, MRW, Longarela, Ofifoz, Farmacia Sáa Quintas, 100 P´S Zapatería y Complementos, Suministros Veipa, Viajes Rodríguez, Kukadas, Xanela Agasallos e Complementos, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Estación de Servicios Foz, Peluquería Ramoné, Carnicería Mercedes, Casa Celina, Pescadería Os Coyotes, Pastelería Cafetería Anduriña, Gestoría Fernández e Hola Ola.

Os 25 negocios de hostalería nos que se poderán conseguir os cartóns e seguir o sorteo de premios do Campañazo serán: A Bolera, O Sera, Bar O Chícaro, Acuario, Cafetería May-Ros, O Muelle Bar, Cervecería Regata, Expres, Restaurante Dandy, Pizzería Xoiña, Costumes do Mar, Restaurante Fina, Cervecería Portovello, Marexada, Fraggle Rock, Casa Damián, Tangarte, Tangarte Mariñeiro, Rula, Bar O 78, A Eskina, A Soalta, Cafetería Happy Days, Confitería Xoyma e O Náutico.

Acia Foz-CCA repartirán durante os meses de novembro e de decembro 6.000 euros en premios entre os seus clientes.

Exit mobile version