Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo convoca o comercio asociado a unha reunión para este xoves nas súas oficinas

Ribadeo, 22 de outubro de 2014.- A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo organiza para este xoves, 23 de outubro, unha reunión aberta aos seus asociados da sección de comercio. O encontro terá lugar a partir das 20:00 horas nas oficinas que ACISA-CCA ten situadas no n.º 20 da Avenida de Galicia. Entre os asuntos a tratar figuran: o balance sobre os resultados comerciais obtidos durante o pasado verán 2014, así como cuestións relativas á próxima campaña de nadal.

Outros dos asuntos a tratar nesta reunión serán a próxima Festa do Comercio de Acisa; o Mercado de Nadal, que organiza o Concello de Ribadeo; o calendario de aperturas; as luces de nadal e a posta en marcha de próximas campañas de promoción comercial.

Dende a directiva de ACISA, animan aos integrantes do Comercio de Ribadeo a participar nesta reunión, que se celebrará este xoves, 23 de outubro, a partir das oito da tarde.

Exit mobile version