Site icon Crónica3.com A Mariña

ADIF dota de valado as marxes da vía no tramo urbano de FEVE na rúa Nosa Señora do Carme de Burela

Burela, 29 de outubro de 2014. Adif comezou a instalar valado de protección nunha zona do treito urbano de Feve en Burela, na rúa Nosa Señora do Carme para evitar que poidan producirse accidentes. O concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Fernández Valle, explica que hai moi pouca visibilidade en varios pasos viciados por onde cruza a xente a vía férrea.

O edil popular contou que “no tramo urbano de Feve, ao seu paso polo inicio da rúa Nosa Señora do Carme, estase a facer o valado dunha parte deste treito debido a que se detectaron uns pasos viciados, de xente que atravesa a vía por unha zona moi perigosa porque hai pouca visibilidade. A utilización incorrecta de ditos pasos foi en aumento debido a que hai moita xente vivindo en edificios de recente construción”. Fernández Valle subliña que “incluso desde as presidencias de comunidades de propietarios deses inmobles se nos pide levar a cabo estas actuacións porque hai moitos rapaces e moitos nenos pequenos que corren perigo de poder acceder á vía férrea durante o paso do tren”.

O concelleiro de Obras e Urbanismo indica que “todo esta situación foi traslada á Subdirección de Rede de Ancho Métrico de Adif e con moita celeridade e grande eficacia accederon ás nosas peticións e esta semana están procedendo ao valado desta zona, tanto pola marxe norte coma pola marxe sur. Isto impedirá o paso peonil por esta vía e evitará que se produzan accidentes”. O Concello burelés agradece a rapidez coa que Adif está a actuar.

Os traballos son financiados por Adif “e nós o único que temos que facer é o mantemento deste treito”, engadiu Manuel Fernández Valle. O edil de Obras e o alcalde, José Mª González Barcia, visitaron esta mañá a zona.

Exit mobile version