Site icon Crónica3.com A Mariña

Aja cre que “outorgar licenzas con informes negativos está provocando unha imaxe adversa de Viveiro”

A xustiza desestima o recurso de reforma presentado por varios imputados, entre os que se atopan a alcaldesa de Viveiro e unha tenente de alcalde e membro da executiva rexional do PSOE, acusados do outorgamento de licenzas en contra da normativa vixente a pesar dos informes negativos de técnicos municipais, Patrimonio da Xunta e Urbanismo da Xunta.

Os populares de Viveiro recordan que “algunha destas licenzas foi anulada polo TSXG e denunciadas pola APLU”. Así mesmo, César Aja considera que “estas incomprensibles actuaciones por parte de los distintos gobiernos del PSOE y BNG, de otorgar licencias con los informes negativos, están provocando una imagen adversa de Viveiro, amén de los innumerables gastos ocasionados a las arcas municipales, tanto de abogados y procuradores empleados en la defensa de estos ediles como posibles indemnizaciones a terceros perjudicados por estas actuaciones”.

Os imputados poden presentar recurso ante a Audiencia Provincial.

Exit mobile version