Site icon Crónica3.com A Mariña

Altair Galiza impartirá en Santiago de Compostela un curso de monitor/a de actividades de tempo libre

20 de outubro de 2014.- A ETL Altair Galiza impartirá os sábados e domingos en Santiago de Compostela e até mediados de decembro un curso de monitor/a de actividades de tempo libre (Titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia).

O curso comezará o próximo sábado día 25 e a data límite para inscribirse é este mércores 22 de outubro.

Haberá dous prezos:
-Persoas que se vinculen ao proxecto Altair: 75 €
-Persoas que non se vinculen a Altair: 180 €

O horario será de 9:00 horas a 14 e de 15 a 20 horas.O curso inclue aloxamento (albergue con todos os servizos incluido cociña) e non inclue comidas. O alumnado disporá da cociá pra cociñar. A organización disponibilizará para os interesados un servizo de catering con menu do dia por 4 €.

A asociación ofrece facilidades de pago e un completo e diverso programa de prácticas adaptado ás necesidades do alumnado.

Inscricións en: http://etlaltairgaliza.wordpress.com/cursos/curso-de-monitor-de-actividades-de-tempo-libre/inscribete/

Mais información en 685325153.

Exit mobile version