Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Plurilingüe San Rosendo participan nun programa de inmersión lingüística en inglés

Vintecinco alumnos/as de 2º ESO do IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) atópanse en Lekaroz (Navarra) levando a cabo o Programa de Inmersión Lingüística de inglés convocado polo MECD “The World Around Us Speaks English”. Comparten a estancia cun instituto de Barcelona e están acompañados por dúas profesoras, Ana Belén López e Cristina Arango. Están a desenvolver actividades relacionadas coa natureza e a ecoloxía ao tempo que traballan cun proxecto sobre a paisaxe da súa bisbarra xa iniciado no seu instituto. No programa a única lingua vehicular é o inglés e está organizado por monitores de distintas nacionalidades que destacaron o bo nivel dos estudantes mindonienses nesta lingua.

Os rapaces atópanse satisfeitos da experiencia pola importante mellora da súa competencia oral, así como polo enclave no que se atopa o albergue, pola descuberta dunha paisaxe, contorna rural e dunha lingua (o éuscaro) diferentes das propias.

Este é o segundo ano que os alumnos do IES Plurilingüe San Rosendo disfrutan dun programa de inmersión lingüística, pero é o primeiro en que o fan fóra de Galicia.

Exit mobile version