Site icon Crónica3.com A Mariña

Apoio a Cora dende o Burela FS

burela-coraAta a cidade do Landro desprazáronse esta semana os adestradores de base Christian Fustes e Mario Pillado e o secretario técnico do club, Juanma Marrube, para visitar a Sergio Cora, intervido o sábado pasado de menisco no Polusa de Lugo, para trasladarlle o apoio do club e darle ánimo na súa recuperación. O xuvenil viveirense estará afastado das pistas en torno a tres meses.

Exit mobile version