Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias e Crespo reúnense con alcaldes e representantes locais dos 67 concellos da provincia

REUNIÓN  EN LA XUNTA DE RAQUEL ARIAS CON ALCALDES DE LA PROVINCIALugo, 20 de setembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, mantiveron esta mañá unha reunión informativa cos alcaldes e técnicos dos 67 municipios da provincia, co fin de solventar as dúbidas sobre a tramitación das axudas do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015.

Para desenvolver o plan, segundo explicou o director xeral e a delegada territorial, os criterios de reparto foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Así, a través deste convenio, os 67 concellos da provincia de Lugo beneficiaranse dun investimento de preto de 7 millóns de euros -6.863.389,36 euros- para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal na provincia. Destes fondos, un total de 3.237.210 euros corresponden á anualidade de 2014 e os 3.626.179 euros restantes á anualidade de 2015.

O Plan Marco 2014-2015 é continuación do de 2013-2014. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

A nova cofinanciación do Plan Marco distribuirase de xeito que o 75% irá con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o MAGRAMA aportará un 12,13% dos fondos e a Xunta e as deputacións provinciais o 12,87% restante. “Os concellos beneficiarios das achegas serán os encargados do pagamento do Imposto do Valor Engadido (IVE). Este reparto amosa a colaboración ordenada de todas as Administracións, baixo a coordinación da Xunta de Galicia”, expuxo Raquel Arias.

A vixencia destes convenios estenderase desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015. De feito, o Plan Marco 2014-2015 é continuación do de 2013-2014. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

O feito de que todos os concellos da comunidade galega poidan dispor duns fondos preestablecidos para a mellora da súa rede viaria resulta fundamental despois dun inverno que provocou estragos nos camiños de titularidade municipal.

A través destes convenios, os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5 millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal. Esta contía supón un incremento de máis do 82% respecto da do Plan Marco 2013-2014, que foi de preto de 14 millóns de euros.

Este incremento permitirá atender proxectos que melloren un maior número de camiños, o que repercute nunha mellora das condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas.

Ademais, o Plan Marco 2014-2015, impulsado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, inclúe como novidade que unha parte importante do cofinanciamento será aportada polas deputacións provinciais. Deste xeito, abórdase o desenvolvemento rural dende unha perspectiva integral e refórzase a colaboración entre as administracións co obxectivo de pór en marcha actuacións que redunden na mellor prestación de servizos á poboación por parte dos concellos.

Exit mobile version