Site icon Crónica3.com A Mariña

As ximnastas de Porta Norte, clasificadas para o Campionato de España

portanorte-burela14Xove, 21 de outubro de 2014.- A escola mariñá Porta Norte obtivo a clasificación para o Campionato de España de Base (Castellón, 20-24 de novembro) cos tres equipos –alevín, cadete A e cadete B- que presentou na fase galega disputada en Ourense o domingo pasado.

O equipo Alevín, formado por ximnastas de Burela, proclamouse subcampión galego na súa categoría co pase directo ao Campionato de España; realizou dúas actuacións formidables que lle outorgaron o terceiro posto na primeira rotación e o primeiro na segunda, cunha nota final de segundo.

O equipo Cadete A, conformado por ximnastas de Burela e Ribadeo, obtivo a quinta praza final para o nacional; realizou un primeiro pase con algún erros importantes que o levou ata penúltimo posto da táboa; no entanto puido recuperar cun boísimo segundo pase que lle deu o terceiro posto.

Pola súa parte, o equipo Cadete B, configurado por ximnastas de Viveiro, realizou as dúas rotacións con actuacións máis regulares pero con pequenos erros que os colocou na sétima posición; aínda así conseguiu ser repescado para clasificarse para a cita de Castellón.

Exit mobile version