Site icon Crónica3.com A Mariña

As xornadas gastronómicas do bonito abren a campaña ‘Ponte de peixe en Burela’

Esta fin de semana a hostalería de Burela celebra as xornadas gastronómicas “Ponte de Bonito de Burela”, na que participan 16 locais ofrecendo diferentes minirracións elaboradas ó precio de 2 euros.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela organiza esta terceira edición da campaña “Ponte de Peixe en Burela”, que inclúe tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (merluza) e decembro (pulpo); e nas que colabora tamén Armadores de Burela ABSA.

En cada unha delas sortearáse unha fin de semana para dúas persoas nun balneario entre todas as persoas que participen na campaña. Para iso cada persoa debe selar a súa tarxeta de participación en cinco locais das diferentes zonas nas que se divide o mapa de Burela.

Campaña “Vive o Outono con Acia Burela”
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela ten en marcha tamén a campaña de outono, na que se sortea unha fin de semana nun balneario entre tódolas compras realizadas entre o 6 de outubro e novembro.

O prato forte desta campaña será de novo o xa tradicional desfile de moda, que se celebrará o 26 de outubro na casa da Cultura de Burela.

Exit mobile version