Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle este venres unha xornada sobre a prevención no sector pesqueiro

141024 CARTEL PROMOCIONAL XORNADA-page-00122 de outubro de 2014.- A Federación Galega de Confrarías de Pescadores e a Organización de Produtores Artesanais de Galicia (OPAGA) organizan este venres pola tarde unha xornada de difusión da cultura preventiva no sector pesqueiro. O evento terá lugar no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Burela o venres 24 de outubro a partir das 17h.

Esta actuación encádrase dentro da liña de actividades que OPAGA e a Federación Galega de Confrarías organizan ó longo do ano dirixidas ó sector pesqueiro e marisqueiro artesanal. A sesión consiste en dúas ponencias impartidas por profesionais técnicos para informar sobre as obrigas en materia de prevención no sector pesqueiro e das principais cuestións que dan lugar a incumprimentos da normativa e sancións.

Durante a última parte da xornada preténdese facer unha recollida de suxerencias, propostas e inquedanzas dos propios profesionais. Esta parte será moderada por Basilio Otero, Patrón Maior do pósito de Burela e Presidente da Federación Provinicial de Confrarías de Pescadores de Lugo.

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores e a Organización de Produtores Artesanais de Galicia organizan tódolos anos, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, diferentes accións de prevención no sector pesqueiro. Asimesmo tamén levan a cabo outras accións destacadas como o mapa de riscos nas entidades representativas do sector, a guía de utilización de equipos de tracción, o estudo sobre a exposición ó ruido nas embarcacións de nasas, os protocolos de actuación en caso de emerxencias nas confrarías e en embarcacións, manual de normas de seguridade segundo as artes de pesca, etc.

Exit mobile version