Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela efectúa melloras no alumeado ornamental dos castros e na iluminación da rúa do Río e no barrio das Casas Baratas

Burela, 23 de outubro de 2014. O Concello efectúa melloras na iluminación en 98 equipos de tres zonas de Burela: no alumeado ornamental dos Castros, e na iluminación na rúa do Río e en todo o barrio das Casas Baratas, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

O edil popular subliñou que “estes traballos xunto coa substitución de 170 equipos de iluminación que estivemos a facer en Vilar e nas rúas da Igrexa e Vilaestrofe permitiranos conseguir un importante aforro económico para o Concello e tamén o aforro de enerxía. Deste xeito poderemos acender un punto de luz en cada unha das farolas de Burela”.

En total Xunta e Concello están a investir 30.000 euros na substitución dos equipos de iluminación.

Exit mobile version