Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio insta ó equipo de goberno a tomar medidas sobre a iluminación pública

O concelleiro na Corporación Municipal de Foz, Jaime Cancio, ven de presentar unhha moción urxente explicando que “por parte do equipo de goberno se encargou unha AUDITORIA ENERXÉTICA a dedo a unha empresa privada que supuxo para o Concello un custo importante, mentres outros Concellos se integraron na proposta da Deputación para a mesma finalidade a custo cero para o Concello”.

Ademais, continúa recordando que “pasado xa máis de tres anos, este equipo de goberno non puxo practicamente nin unha sola medida para mellorar o servizo e facer aforro enerxético, o que quere dicir que nin lle fan caso aos estudios que eles mesmos encargan. A única medida adoptada por este equipo de goberno foi a de apagar luces, e converter en parte das instalacións inútiles e sen funcionar e o que é peor deteriorar a imaxe nocturna de Foz”, critica Cancio.

Así mesmo, “ó longo de todo este tempo, estase vendo como o horario do acendido e apagado da alumeado público está desaxustado sendo frecuente ver o alumeado acendido sendo de día”. Ademais, “o deterioro das instalacións de alumeado é algo fácil de comprobar, co prexuízo de seguridade e imaxe”. Por outra banda, “o alumeado público axuda a combater o preocupante aumento de inseguridade cidadá, no que respecta a roubos e asaltos domiciliarios”.

Nese sentido, Cancio insta ó equipo de goberno a tomar algunhas medidas coma “o acendido do alumeado público que está desconectado nestes momentos, realizar un plan específico de mantemento de forma especial no que se refire a seguridade e tomar medidas de aforro enerxético de forma inmediata, así como a regularización”.

Exit mobile version