Site icon Crónica3.com A Mariña

Carreira popular, sendeirismo e comida, este domingo en Santiago de Reinante

Barreiros, 20-10-14.- Este próximo domingo día 26 de outubro, celebrarase un carreira “tipo vertical”, unha ruta de sendeirismo e unha comida na localidade barreirense (Lugo) de Santiago de Reinante.

Ás 10 da mañá sairán os camiñantes, dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, cun percorrido polos montes de Barreiros e regreso ao punto de partida. Para esta camiñada non é necesaria inscrición previa, só presentarse no lugar de saída á hora indicada.

Unha hora máis tarde, ás 11 h., tomarán saída os participantes no 1/2 km vertical monte Comado. Unha carreira espectacular, con saída na propia praia de Arealonga e meta no cume do monte Comado. 4.400 m de distancia para subir case que medio quilómetro de altitude, de aí o nome de carreira vertical.

Os interesados en participar nesta carreira, a única deste estilo na provincia de Lugo e Occidente asturiano, deberán facelo a través da web http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com

A organización invita ós amantes do deporte a participar nestas actividades ou a acudir á meta do monte Comado, par presenciar a chegada dos corredores dende unha das paraxes dende onde se teñen algunhas das mellores vistas da Mariña lucense e Occidente asturiano.

Ao mesmo tempo, o Club Parapente Ferrol realizará unha exhibición aérea dende o monte Comado.

Xa ao remate das actividades deportivas e para repoñer forzas, celebrarase unha comida no restaurante La Yenka. O menú consitirá en callos, costela asada, sobremesa, bebidas, café, chupito, ao prezo de 15 € por persoa (pódese cambiar algún dos pratos). Tamén hai un menú infantil ao prezo de 6 €.

Esta comida está aberta a participantes, acompañantes e público en xeral.

Para reservar praza na comida, deberán dirixirse a ún dos teléfonos: 669 021 561 o 626 309 179.

Estas actividades están organizadas pola Comisión de Festas de Santiago Apóstol de Santiago de Reinante e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, Deputación de Lugo (Vicepresidencia Primeira-Deporte e Cultura), Xunta de Galicia (Deporte e Saúde), Agrupación de Protección Civil de Barreiros, Supermercado Eroski City Barreiros, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno, C.D. Praias de Barreiros, Peña Barcelonista San Miguel, Actibot, e Autos Dourado.

Exit mobile version