Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo informa e anima a participar no curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola

Cervo, 23 de outubro de 2014- O Concello de Cervo anima a participar no curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola, manexo práctico do tractor e os seus apeiros que se celebrará no edificio da antiga escola obradoiro de Cervo dos días 17 a 21 de novembro. Unha iniciativa que ofrece o ISSGA, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral dependente da Consellería de Traballo e Benestar.

Unha acción formativa na que poden participar persoas maiores de idade, ocupadas ou desempregadas nos sectores agrogandeiro ou forestal. Os interesados poden apuntarse ata o 12 de novembro enviando a folla de inscrición por fax ao 981 571 730 ou no 881 95 94 11, así como por correo electrónico aos seguintes enderezos: berta.agaca@gmail.com ou loli@agaca.coop. Para obter máis información poden chamar ao 981 58 47 83 ou na páxina web http://issga.xunta.es.

Este curso é gratuíto, presencial, conta con 15 prazas e terá unha duración de 18 horas. En canto ao horario, impartirase de 10 a 13:20 h. durante as xornadas de teoría, e de 10 a 14 h. durante a práctica.

En canto aos contidos, ofrecerase formación para que os traballadores dos sectores agrogandeiro e forestal teñan coñecementos para desenvolver un traballo seguro, e adquiran boas prácticas no manexo da maquinaria. Ao mesmo tempo, preténdese instaurar unha cultura preventiva co obxectivo de mellorar a seguridade, diminuír os riscos e en consecuencia os accidentes laborais. Ademais, incluiranse nocións básicas en primeiros auxilios.

A edil de Medio Ambiente e Sanidade, Begoña Alonso valorou de forma moi positiva esta medida, “que pone el foco de atención en la seguridad en el trabajo, en la prevención, en las actitudes responsables y en la formación, dando la oportunidad a los trabajadores de obtener conocimientos imprescindibles para su propia seguridad pero también la de sus compañeros y de las empresas y explotaciones en general”.

Exit mobile version