Site icon Crónica3.com A Mariña

Cinco mozas e un mozo forman parte do elenco de sanluqueiros deste ano

sanluqueiros14Mondoñedo, 10 de outubro de 2014. Fina Leiras Díaz, Ana López Iglesias, Merce López López, Maka López López, David Veiga López e Noemi López Carracedo son os compoñentes do elenco de San Luqueiras deste ano 2014.

A máis veterana do grupo é Fina Leiras, 70 anos, mestra xubilada, que sinala que “é a primeira vez vai subir a carroza das San Lucas”. Así, asume este reto como unha “experiencia máis na miña vida, moi contenta e ilusionada de participar nas tradicións da miña cidade”.

Ana López Iglesias, 49 anos, tamen é a primeira vez que vai de San Luqueira. “Estou encantada e ilusionada”. Ademais Ana participa acompañada da súa filla Maka López e os seus sobriños Merce, David e Noemi.

Merce López López, 40 anos, participa por primeira vez como San Luqueira “por eso me fai mais ilusión aínda”. Neste caso Merce vai acompañada de seu fillo David , e con este xesto quere dar oportunidades á xente para que participen nestas festas e neste tipo de celebracións. “Si vou subida a carroza é porque a meu fillo faille ilusión, fago por él”.

Maka López López, (filla de Ana), 25 anos. É a única das participantes que xa foi de San Luqueira cando era nena. Asegura que agora volve “para recordar vellos tempos e aventuras, e tamén porque vou acompañada da miña familia e faime moita ilusión, estou desexando que chegue o día”.

David Veiga López (fillo de Merce), 11 anos. O único neno da carroza afirma estar “moi contento, sobre todo porque vou con miña mai, eso é o mellor que me podía pasar”.

Noemi López Carracedo, 1 ano, é a máis nova da carroza.

Exit mobile version