Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan en Ribadeo as “Músicas Posíbeis” do outono da man da exposición “Peregrinatio”

samuel dizRibadeo, 21 de outubro de 2014.- O guitarrista Samuel Diz, comprometido coa recuperación e dinamización do patrimonio musical galego, presenta en decembro de 2012 Guitarra Clásica Galega, un traballo discográfico que percorre o pasado, presente e futuro do instrumento na cultura galega, editado polo selo Ouvirmos, co apoio da Xunta de Galiza a través da súa Axencia das Industrias Culturais –AGADIC- e a Secretaría Xeral de Cultura.
O concerto, gratuíto, terá lugar este xoves día 23 ás 20.30 h no Teatro.

A maiores podedes visitar a exposición vinculada ao proxecto na OMIC até o día 29 deste mes xa que Galiza celebra en 2014 o VIII Centenario da Peregrinación de san Francisco de Asís a Santiago de Compostela, un encontro entre dúas sensibilidades, a franciscana e mais a xacobea, intimamente ligadas aos valores humanos e espirituais do Camiño de Santiago.

Esta exposición audiovisual é froito da recente viaxe realizada polo fotógrafo Manuel Valcárcel e o músico Alexandro González a través de Italia, Francia, o norte de España e a Galicia xacobea, seguindo a mesma ruta que san Francisco percorreu en 1214 desde Asís a Compostela.

Os autores amosáronse atentos á tradición cultural e á relixiosidade que impregna os lugares e os camiños a Santiago. Paisaxes culturais e espazos sacros ligados á orixe evanxélica da tradición cristiá sobre a que se asenta a mentalidade e a historia cultural dos pobos de Europa.

Exit mobile version