Site icon Crónica3.com A Mariña

Comida da terceira idade de O Valadouro

A celebración deste ano 2014 da comida da terceira idade terá lugar o vindeiro 12 de outubro, día da Nosa Señora do Pilar, cunha misa ás 12.30 horas na igrexa parroquial de Ferreira. Acto seguido, na FINCA GALEA, celebrarase a comida de confraternidade acompañados dun grupo musical e xogos populares. Poden acudir todas aquelas persoas que sexan pensionistas ou teñan máis de 65 anos (veciños do concello de O Valadouro) compañados dos seus cónxuxes. O prazo de inscrición remata o 9 de outubro de 2014 entre ás 14.00 horas nas oficinas xerais do concello de O Valadouro. A actividade está organizado pola concellaría de servizos sociais, cultura e xuventude do concello de O Valadouro.

Exit mobile version