Site icon Crónica3.com A Mariña

Comida da Terceira Idade en Alfoz

comida-3-alfozEste sábado 25 de outubro celebrouse a tradicional Comida da Terceira Idade en Alfoz. A festa iniciouse ás 12,30, coa celebración dunha misa e logo, ás dúas, cunha comida en Finca Galea. Alí repartíronse varios premios entre os asistentes. O premio ó home máis maior foi para José Páz Tojeiro e á muller máis maior para Benilde Paz Pico. Tamén se conmemoraron as vodas de ouro de dous matrimonios: o formado por Evaristo Casabella Cayón e Pilar González Ares e o formado por José Geada Iglesias e Marina Pumares Fanego. A festa rematou cunha sesión de baile.

Exit mobile version