Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Contos de sobremesa’ continúa coa programación de Burela para este outono

Burela, 16 de outubro de 2014. A Concellería de Cultura continua esta semana coa súa Programación Cultural de Outono para este 2014. Faino presentando o espectáculo de contacontos Contos de Sobremesa, a cargo da Compañía Os Contos de Pablísimo. A actividade esta dirixida a nenos de entre 3 e 11 anos e levarase a cabo a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura. O espectáculo terá unha duración de 50 minutos e a entrada será gratuíta ata completar aforo.

Dende a Concellería de Cultura informan de que este espectáculo ten coma argumento central a historia dun contacontos que se chamaba Pablísimo e é, ademais de contacontos, monicrequeiro, actor, profesor, paiaso e un largo etcétera. Antes de dedicarse a contar contos, Pablísimo viaxou por distintos países do mundo, ata aprender a actuar con todo tipo de cousas curiosas e estrañas que ninguén usa. Cousas que nin el sabe para que serven, pero que sempre garda porque para el todo é útil á hora de contar contos.

Contos de Sobremesa mestura a técnica do contacontos co teatro, deixando que o obxectivo central deste espectáculo de animación sexa atraer aos máis novos cara á lectura.

Exit mobile version