Site icon Crónica3.com A Mariña

Corte de tráfico en Viveiro este venres

Viveiro, 22 de outubro de 2014.- O vindeiro venres, 24 de outubro de 2014, entre as 9:30 e 14:30 horas, estará prohibida a circulación de vehículos na rúa Nicolás Cora, permitíndose unicamente o paso a residentes con acceso a prazas de garaxes sitas nesa rúa. Este corte de tráfico débese á necesidade da empresa Gas Galicia de realizar catas no lugar para, posteriormente, realizar a canalización nesa rúa.

Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se podan ocasionar.

Exit mobile version