Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez, medalla de prata no Open Internacional San Froilán

O pentatleta Internacional viveirense Cristóbal Rodríguez obtivo a pasada fin de semana a medalla de plata no Open Internacionanal San Froilán de Esgrima valedeiro tamén para o Ránking Galego absoluto.

Rodríguez, que chegaba a primeira hora da mañá en tren dende Madrid, enfrontouse aos mellores espadas galegos e cubanos nunha competición moi disputada que tivo lugar no antigo Pazo de deportes de Lugo. O mariñán pasou a pull perdendo nela tan só un combate para ir avanzando nas eliminatorias ata chegar a cadro de oito onde se enfrontou cun dos seus mestres Manel Villadóniga del Centolos. Este mestre de esgrima que estivo moitos anos no equipo nacional é amigo persoal e da clases ó deportista de Viveiro cando se encontra de vacacións. Ante el gañou Rodríguez o combate por un apretado 15/14.

En semifinais Rodríguez tivo que enfrontarse ó gran ladrón Borja Quiza do CECO da Coruña que previamente eliminara a Xosé Piñeiro. Rodríguez solucionou o intenso combate para plantarse na final onde lle tocou lidarco espadista olímpico cubano Amauris Temo que se fixo co ouro nun duro combate.

Aínda así, Rodríguez daba o posto por bo; xa que en Galicia hai bastantes espadistas que “te lían no combate e anotan a nada que te despistes”. Tras finalizar o combate e asistir á entrega de premios, o deportista de Viveiro volvía tomar o tren de volta ó CAR de Madrid para retomar os adestramentos.

Exit mobile version