Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de batukada en Foz durante novembro e decembro

Foz, 24 de outubro de 2014. A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza un curso de batukada en colaboración coa escola de percusión Perkusiona. A actividade está dirixida a persoas maiores de 6 anos e levarase a cabo durante os meses de novembro e decembro no municipio.

O custo das clases será de 25 euros por mensualidade e os interesados deberán inscribirse a través do número de teléfono 982.140.027 ou nos enderezos electrónicos cultura@concellodefoz.es ou perkusiona@gmail.com. Dende a Concellería de Cultura de Foz animan ós veciños a participar neste curso, xa que o consideran unha oportunidade perfecta para prepararse para participar posteriormente, a ritmo de batukada, no Entroido 2015 do municipio focense.

Cambios no ciclo de teatro de outono
Dende a Concellería de Cultura do Concello focense tamén comunican hoxe dous cambios que terán lugar nas actividades programadas dentro do ciclo cultural Teatro de Outono nas Parroquias 2014. A primeira modificación refírese á actuación do grupo de teatro O Batán, de Cangas, na Antiga Báscula de Marzán, que se adianta para o 7 de novembro, venres, ás 21:00 horas. A segunda modificación ten que ver coa actuación que o grupo A Adala ía levar a cabo o 8 de novembro no teleclube de Vilaronte, que queda aprazada para o mes de decembro, aínda que a data concreta está pendente de confirmar.

Exit mobile version