Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de manipulador de produtos fitosanitarios en Lourenzá

fitosanitarios-lourenzaMáis de vinte traballadores agrarios e desempregados dos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Viveiro, Barreiros e Ribadeo participan no curso de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios que empezou este xoves no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá. Foi inaugurado pola alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, e por un responsable de formación da asociación agraria Asaja, Manuel López. O curso rematará o 17 deste mes, venres, ás 10 da mañá co exame, que se realizará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil (Ribadeo).

Exit mobile version