Site icon Crónica3.com A Mariña

Derbi provincial para o ilusionante Burela FS B

A Terceira División depara para o Burela FS Pescados Rubén B derbi provincial a domicilio, coa visita á pista do Valdesuso Peugeot Vilalba FS o sábado, ás 19.00 horas. O cadro de Iván Cao ‘Lucas’ chega ao duelo lugués con ilusión tras puntuar na segunda xornada ante O Carballiño (2-2) con goles de Pancho e Renato.

Os catro puntos actuais da cuadrícula laranxa outórganlle ao Burela FS postos de arriba neste tramo inicial da competición, fronte ao infortunio vilalbés, que aínda non coñece a vitoria, despois de caer ante Pizzería A Fuga Xove FS (2-8) na primeira xornada e 5Coruña FS (5-3) na segunda. “É un equipo novo que se resentirá coa perda de Luis, pero poderá estar aí arriba” advertía Lucas.

Exit mobile version