Site icon Crónica3.com A Mariña

Duelo entre castrexos e romanos en Terceira División

Vista Alegre vivirá o sábado duelo entre castrexos e romanos en Terceira División ás 16.00 horas, como preludio do Día do Club en Primeira, coa visita do titánico ElPozo Murcia.

O Burela FS Pescados Rubén B de Iván Cao ‘Lucas’ recibirá o Azkar Lugo, rival que ocupa o último chanzo do podio, empatado co segundo clasificado A Estrada FS, con 12 puntos; tan só caeu ante o líder, Pizzería A Fuga Xove FS (6-3), na cuarta xornada. “Veremos un equipo moi competitivo e rápido, que lle gusta xogar de ti a ti e que chegará a Burela nos postos de arriba” explicaba Lucas.

Xunto ás ausencias de Cora e Jorge, por lesión, no vestiario laranxa tampouco estará Renato, por decisión técnica. Hélder e Ángel entrarán na convocatoria de Juanlu.

CP Casás 7-4 Burela FS B
O cadro laranxa regresou de Lugo na xornada 5 con resultado en contra na súa visita ao CP Casás (7-4). O quinteto inicial dos mariñáns estivo composto por Erik, Aitor, Pancho (1 gol), Rubén e Renato; tamén xogaron Ángel (3 goles), Rafa, Riveiro, Borja e Javier Fajardo.

Exit mobile version