Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición para a XXII Festa da terceira idade de Xove

Un ano máis o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza a FESTA DA TERCEIRA IDADE, que xa vai pola súa XXIIª edición, dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes do noso Concello. Naqueles casos nos que o cónxuxe ou parella non estea empadroado/a, deberá aboar o total do custo da comida. A mesma vai desenvolverse o venres 24 de outubro con actividades ao longo de todo o día.

Para o Concello é importante o recoñecemento que esta Festa representa para os nosos e as nosas maiores, que viviron situacións difíciles ao longo da súa infancia e xuventude. Este día tan esperado durante todo o ano, sentímolo como un día de encontro, lecer, convivencia e homenaxe de agradecemento, polo que, a pesar do esforzo que isto implica, decidimos celebralo.

A Festa dará comezo ás 12:30 horas cunha Misa Solemne no Salón de Actos do Centro Cívico, contándose coa participación dun grupo de corda da Escola Municipal de Música de Xove; posteriormente haberá un xantar no Restaurante Louzao de Area.

Os/as interesados/as deberán apuntarse no Departamento Municipal de Servizos Sociais ata o día 21 de outubro.

Exit mobile version