Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os diplomas aos asistentes aos cursos impartidos o ano pasado no Centro de Formación Ocupacional de Burela

211014 Foto entrega diplomas BurelaBurela, 21 de outubro de 2014.- O alcalde, José Mª González Barcia, e o concelleiro de Emprego, José Casas, entregaron esta mañá no salón de plenos os diplomas dos cursos impartidos no centro de formación ocupación durante o ano 2013.
Foron 75 alumnos e alumnas os que se formaron durante cinco meses en animación turística, pintura, auxiliar de enfermería en xeriatría, atención especializada a enfermos de alzheimer e monitor deportivo. “A inversión foi de 280.000 euros e foi financiada totalmente pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, á que lle agradecemos a colaboración co Concello, xa que atende as nosas demandas de formación a desempregados”, explicou o rexedor.
González Barcia dixo que “neste 2014 temos outros cinco cursos máis en marcha para 75 alumn@s: promoción turística e información ao visitante; dinamización de actividades de tempo libre, educativo e xuvenil; xestión integrada de recursos humanos; atención sociosanitaria a persoas dependentes de institución sociais; e operacións auxiliares de servizos administrativos. Ditos cursos teñen un custe de 247.000 euros e os asistentes reciben becas pola súa participación”.

Exit mobile version