Site icon Crónica3.com A Mariña

Esgotador desprazamento a Roldán para as laranxas

O Burela FS Pescados Rubén partiu esta mañá con rumbo á pista murciana do FSF Roldán, un dos seus desprazamentos máis esgotadores, para disputar a oitava xornada de Primeira División RFEF (sábado 1, municipal Gabriel Pérez, 18.30 horas).

Na súa tentativa de continuar coa boa dinámica, o conxunto mariñán saltará á cancha na cuarta praza (15 puntos), a seis puntos do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero. En fronte terá o sétimo clasificado (11 puntos) que recibirá as galegas con moitas ganas, posto que aínda non coñece a vitoria na súa casa. Encadea dúas xornada cun só punto; tras o empate no seu feudo con Orvina (3-3), vén de sucumbir fronte ao Navalcarnero (6-3).

“Veremos un rival serio e traballador que destaca pola súa velocidade e agresividade. Polo que vin del esta tempada poderá estar entre os cinco primeiros” analizaba Quico Otero, moi satisfeito coas últimas citas burelistas: “Debemos seguir coa dinámica dos tres puntos, sendo competitivos e ordenados. Este é un ano máis difícil se cabe porque temos que xogar co hándicap de que os equipos sempre nos esperen atrás; debemos armarnos de paciencia e concentración” puntualizaba o técnico viveirense.

Na expedición laranxa non viaxou Kiko, por enfermidade; Patri está pendente da alta médica. O conxunto local recupera a Marta Peñalver e Juani para mañá, dispoñendo do cadro ao completo.

Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.

Exit mobile version