Site icon Crónica3.com A Mariña

Espeleoloxía coa Fundación Eu Son

espeleoloxiaA Fundación Eu Son de Burela en colaboración co Grupo de Espeleoloxía de Lugo (G.E.L.) realizou este sábado 4, por segundo ano consecutivo, unha actividade de espeleoloxía nas Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo. Esta actividade contou coa presenza de catro usuarios da Fundación Eu Son e dous guías especializados de G.E.L., Miguel Freire e Gonzalo Villarmea , ambos cunha ampla experiencia neste deporte. Esta experiencia foi tremendamente positiva para todos os usuarios, que disfrutaron dunha excitante xornada de deporte de aventura no medio natural. Esta actividade, que se enmarca dentro do programa de ocio anual da entidade, demostra que unha discapacidade non é un impedimento para realizar deportes de aventura e que grazas os retos plantexados na actividade os participantes exploraron os seus propios límites, e foron plenamente conscientes das súas habilidades e capacidades.

Exit mobile version