Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursión polo Cantiño con Gaia

cantiño-gaiaUn grupo de alumnos e alumnas de 2º de primaria do CEIP Vista Alegre de Burela, acompañados polos seus mestres e polas monitoras de Gaia, realizaron unha excursión pola zona do Cantiño. Segundo explican desde Gaia “tratábase de que os rapaces se fixaran na paisaxe da costa, nas súas características e peculiaridades. Aproveitamos para explicarlles como se forman as praias, que é un acantilado, como suben e baixan as mareas ou como o home modifica a paisaxe da costa”.

Exit mobile version