Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro busca o seu correcto rexistro

Os veciños que participamos en ”Foz, Plataforma de Futuro” seguimos traballando arreo para sacar adiante este proxecto de organización da veciñanza.

O pasado luns na xuntanza aberta que celebramos conseguimos rematar os estatutos da nosa plataforma. Agora o seguinte paso nos vindeiros días será o seu correcto rexistro.

Tamén se aprobou o logotipo da que será a nosa imaxe corporativa.

Así mesmo, quedou tamén aprobada a idea de estar presentes nas redes sociais. Nesta semana xa creamos a páxina de Facebook (todas as persoas interesadas poden entrar en dita rede buscando; “Foz Plataforma de Futuro”) e a páxina de Twitter (@Somosilusion). Tamén decidimos crear unha ambiciosa páxina web na que estamos a traballar duramente contando coas valiosas aportacións que todos vos nos aportades. Esperemos que estea funcionando en 21 días.

Empezamos tamén nesta pasada xuntanza veciñal a traballar sobre o documento base programático da Plataforma, este documento queremos telo rematado a finais de novembro, para nesas fechas facer una presentación formal de “Foz, Plataforma de Futuro” e tomar a decisión de si dita Plataforma se presenta ás próximas eleccións municipais.

Temos que dar as gracias publicamente a aqueles veciños que o pasado luns acudiron por primeira vez á xuntanza da Plataforma, e gracias tamén ós veciños que xa confirmaron a asistencia á vindeira reunión que celebraremos o vindeiro luns 27 de outubro , ás 20.00 horas no local social (Rúa Álvaro Cunqueiro, nº 1, entreplanta, letra E). Ó igual que na pasada reunión todas as persoas que queiran acudir deberán poñerse en contacto con nos 696 437 318 a efectos de coordinación e de recibir a orde do día.

Exit mobile version