Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia destaca o apoio da Consellería de Medio Rural e Mar á Feira Expomar

barcia-quintanaBurela, 30 de outubro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, mantivo en Compostela un encontro coa conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, ao que tamén asistiu o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

Na xuntanza abordaron cuestións “coma as obras de prolongación do martelo, que separa a zona de pesca da comercial, en 20 metros lineais. Eses traballos suporán un investimento de 483.000 euros e están pendentes de adxudicación. Todo apunta a que será antes de que remate este ano cando de adxudiquen e despois dará comezo o inicio da obra”, explicou o rexedor burelés, que lembrou que “esta obra que vai mellorar substancialmente a seguridade da dársena interior do porto de Burela, de feito a descrición do obxecto da obra é precisamente esa mellora de abrigo na dársena interior do porto de Burela”.

José Mª González Barcia tamén subliñou “o compromiso da Xunta, a través da Consellería de Medio Rural e Mar, coa organización da vindeira edición da Feira Expomar, que terá lugar en Burela en maio de 2014. Seguiremos contando co asesoramento técnico do departamento que dirixe Rosa Quintana e tamén co apoio económico”. O alcalde manifestou que “a colaboración desta Consellería, antes Pesca e agora Medio Rural e Mar, sempre foi unha constante con Expomar e non dubidamos de que o ese compromiso se manterá, por iso queremos agradecerllo a Rosa Quintana, porque sería moi complexo poder organizar unha feira desas características sen o importante apoio da Xunta de Galicia”.

Exit mobile version