Site icon Crónica3.com A Mariña

González Santín, elexido polos pensionistas e xubilados da UXT de Lugo para analizar a reforma das pensións

Lugo, 21 de outubro de 2014.- O secretario Provincial e deputado autonómico –Juan Carlos González Santín-, informará ao colectivo de pensionistas e xubilados de UXT Lugo da política levada a cabo polo Goberno Central, así como das propostas presentadas polo Partido Socialista ao respecto. González Santín atende así a petición formulada por este colectivo, que na provincia supera os 400 integrantes, e que en diversas ocasións manifestaron o seu carácter reivindicativo ante o recorte das súas prestacións.

Deste xeito, o dirixente do PSOE a nivel provincial abordará o traballo desenvolvido polos diferentes Gobernos do Partido Socialista neste eido, pois nos últimos 30 anos, estas prestacións subiron un 80%. Desta porcentaxe, o 75%, foi durante os diferentes mandatos do PSOE e, o 5%, durante os do Partido Popular.

O encontro terá lugar este xoves, a partires das 12:30 horas, no Salón de Actos do Edificio de Sindicatos. Asimesmo, ademais do deputado autonómico, tamén participarán os secretarios xerais de dita organización a nivel provincial e autonómico, Dolores Vieiro e Valentín Tato, respectivamente.

Situación dos pensionistas
Na provincia, e segundo os datos publicados pola Seguridade Social, existen máis de 119.000 pensionistas, cuxa pensión media é de algo máis de 645 euros. Deste xeito, Lugo é, xunto con Ourense, o territorio de España coas pensións máis baixas (717 euros é a media de de Galicia y 975 a estatal). Malia todo, representan un piar fundamental na economía familiar, pois, a pesares de que un de cada tres pensionistas galegos está por debaixo do umbral da pobreza, son o colchón que sustenta a moitas das 10.000 familias da Comunidade que non teñen ingresos.

Exit mobile version