Non me refiro a unha decepción que deixou de afectarnos por reiterada, e tampouco á dúbida sistemática que nos asalta ao constatar que, cando improvisan por parecer doutos, non o fan mellor que calquera de nós se fosemos instados a disertar sobre a resurrección da carne ou, por ser máis mundano, sobre a honradez e o choriceo que pulula por todas partes. Ademais de que so fan leer o texto escrito por outros que a saber quen lles concedeu crédito.
Pasarei polo ás inauguracións de obras públicas, primeiras pedras, visitas e anúncios de obras e servicios que pululan dia si e dia tamen nos médios para tratar de enganar o mariñan como si este fose bobo ou tonto do cu.
Dicía Goethe que a orixinalidade non consiste en dicir cousas novas senón en facelo de modo distinto a outros, e aí está o miolo. É tal o calco dos políticos nas súas alocucións, que calquera discurso é apto para calquera simposio e aínda máis: nin sequera a través das súas palabras poderían facerse distingos por ideoloxía, idades ou sexos dos convidados a escoitalos. Non hai metáfora que nos saque da modorra para atender a unha ocorrencia, a un adxectivo imprevisto… Frases ao eloxios son exactamente os mesmos que pronunciou o alcalde doutro municipio a década anterior, o director xeral noutra Comunidade e, calquera que sexa o seu cargo, participará dese “relaxo” con que os mexicanos aluden ao moito falar para non dicir nada.
En resumen nos soltan o que poderiamos chamar un comodín sonoro. Porque responde a un mesmo clixé esa sucesión de tópicos cuxas únicas variantes radican nin sequera na énfase e, todo o máis, no acento. E sonoro aínda que, para o que dirán, sobraría un murmurio que non habería de traballar o seu negro o xefe de prensa correspondente. Aquí neste norte galego temos un diputado que non sabe facer a O con uncanuto e cada dia lee e firma opinions e comunicados por doquier feitos por o seu negro secretari que levou da sua vila para que disimulara a sua iñorancia no parlamento.
Si a comunicación supón como mínimo intención, cabe preguntarse cal é a súa máis alá de aparecer cando a audiencia é nutrida e co fin de subliñarse a si mesmos aproveitando a conxuntura. Para esa viaxe, mellor farían os políticos de aquí e de alá escenificando catro xestos en lugar de glosar o que ignoraban ata o minuto anterior e esquecerán o seguinte. Non visitan, inauguran ou miran o futuro solar outra cousa que a súa presenza, pero aí están unha vez máis, farfullando loanzas e encubrindo a súa inoperancia, o desinterese e a vampirización do esforzo alleo con catro cadelas ou algún que outro crédito oficial. Moitas veces nin iso.
Aí teñen vostedes o director xeral escusando a presenza do superior “por problemas de axenda”, ao Delegado, a Perico dos palotes e, un tras outro, por rigorosa orde de protocolo, empeñados en subliñar o extraordinario interese dun acto do que só coñecen o título; a “magnífica iniciativa” (sexa a que for) e a súa felicitación aos organizadores por un esforzo que sen dúbida tería sido menor de cristalizar o apoio en algo máis que eses minutos cos que capitalizar canto se poida sen dar pau á auga.
A día de hoxe, sígome preguntando por que se lles invita; mesmo a centolos, perceves e outras delicias gastronômicas pagadas por Xan Pobo , momento en que, entre inxestión e alterne, prodíganse en sorrisos a dúas meixelas. E non lles conto se hai fotógrafos, porque entón cegan coas súas poses aínda que se larguen pitando tras os flashes, quizais por evitar as interpretacións dalgún ousado. Ignoro por que permitimos que sigan exercendo de reinonas sentadas sobre un traballo que non contribuíron a incentivar, senón ás veces, e se me apuran, todo o contrario. Gustaríame asistir ás súas escusas por non ser outra cousa que fantasmas á captura do traballo alleo para facerse cribles e dignos de respecto aínda que, entón, estaría a falar doutros.
Non afirmarei que sempre aconteza como os conto, pero se coñecen o contexto, saberán de que lles falo. No caso contrario, asistan a un acto deses, tras as eleccións, e xa me dirán.
Otero Regal.