Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurada a mostra do pintor Carlos Montero no Casino de Viveiro

inauguracion-monteroO sábado 4 de outubro ás 20.30 horas quedou inaugurada na Sala de Exposicións do Casino de Viveiro Club Náutico a Mostra de Debuxos e Pinturas do artista lugués, CARLOS MONTERO LÓPEZ. O pintor brindou aos presentes unha amena, clara e divertida visita guiada por cada unha das súas obras, un luxo inesperado e agradecido por todas e cada unha das persoas que aí estaban. Posteriormente, realizouse un brinde, unha distendida charla e a contemplación de tan interesante e creativa produción artística. A Mostra permanecerá aberta ó público ata o xoves 23 do corrente, en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas sendo a entrada libre e gratuíta. O Casino pretende facilitar aos viveirenses e habitantes de toda a Mariña o encontro con diferentes personalidades do quefacer cultural galego, como un modo de coñecer e valorar distintos aspectos da nosa identidade.

Exit mobile version