O vindeiro domingo 26 de outubro a asociación de sendeirismo Paso Miúdo recibirá no Valadouro ós participantes do IV Encontro Astur-Galaico. Haberá dúas rutas: unha curta e unha máis longa. A primeira será de 7 quilómetros a segunda de 16. Ambas serán gratuítas. Os interesados en participar poden anotarse a través do enderezo electrónico pasomiudo@gmail.com ata o luns 20 de ouubro indicando ruta curta ou longa.